PIÑEIRA SECA, SAN ANDRÉS - Ourense medieval www.ourensemedieval.com (sitios de interés)

Descripción del sitio

Igrexa románica que conserva de esta época a nave. A fachada principal (Oeste) presenta portada románica con arcos de medio punto e arquivoltas decoradas con baquetós e pomas. Sustentado as arquivoltas dous pares de columnas con capiteis vexetais entre os que parece sobresaír unha cabeza humana. Sobre os capiteis ménsula corrida con decoración xeométrica (ondas) interrompida na parte situada sobre o capitel interior da esquerda da portada onde se sitúan dous animais enfrontados. No tímpano, cruz patada central flanqueada por dúas flores de lis. A portada sur presenta unha sinxela porta que leva esculpida no tímpano tres rodas. a da esquerda tres círculos concéntricos, a do centro unha especie de roel e a da dereita unha cruz patada. Os canzorros son xeométricos, zoomorficos e antropomorficos.

Mapa del lugar de interés PIÑEIRA SECA, SAN ANDRÉS

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de PIÑEIRA SECA, SAN ANDRÉS, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado